O PPdeG volve cargar contra o Goberno central por un reparto "inxusto" das axudas

Aseguran que Galicia debería recibir 110 millóns de euros máis.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O PPdeG rexistrou unha iniciativa no Parlamento galego para reclamar ao Goberno central a modificación do criterio de repartición entre as comunidades autónomas do fondo de 7.000 millóns de euros en axudas directas, por ser "negativo e prexudicial" para Galicia.

Neste contexto, o PPdeG afea "descoñecer os criterios" aplicados polo Goberno de Pedro Sánchez para realizar esta distribución, xa que "non coinciden cos establecidos pola Unión Europea", que di que hai que ter en conta "a capacidade de recuperación en base á situación previa á pandemia".

Na mesma liña que as reivindicacións da Xunta, Pedro Puy considera que Galicia debe recibir un mínimo de 340 millóns de euros. "Se en realidade tivésese en conta o número de autónomos existentes, a Galicia corresponderíanlle un 7 por cento dos fondos, é dicir, 110 millóns de euros máis", asegurou.

O portavoz do PPdeG no Parlamento galego, Pedro Puy.
O portavoz do PPdeG no Parlamento galego, Pedro Puy. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta