Desencontros entre os sindicatos de Navantia Ferrol dentro da Comisión de Emprego polo proceso de acceso

O motivo é o "escurantismo" que "preside os procesos de acceso a Navantia" cando "máis do 70% das persoas inscritas son consideradas non aptas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

As seccións sindicais da CIG e CGT en Nanvantia Ferrol acusou a CC.OO. e MAS de vulnerar os acordos da Comisión de Emprego deste estaleiro. A través de senllos comunicados, trasladan que este luns, 29 de marzo, Navantia publicou a lista de persoas admitidas e rexeitadas aos exames de operarios e empregados sénior, con máis de 3 anos de experiencia profesional.

Segundo a CIG e CGT, todos os sindicatos que forman parte da Comisión de Emprego decidiran que nestas listaxes aparecesen con nome completos os admitidos, os excluídos e as causas concretas de non ser admitidos no proceso, ademais de darlles traslado dos mesmos antes de facerse público, para poder así realizar a súa revisión e validar que o proceso estaba correcto.

Pero estas dúas organizacións acusan agora a CC.OO. e MAS de, "o pasado venres, 26 de marzo, pola tarde, fóra do horario laboral, dar por boa a negativa da empresa a todo o acordado", polo que "admiten a publicación das listaxes sen que se cumpra o acordado na devandita comisión".

DÚBIDAS

Por mor desta situación, a CIG asegura que "o escurantismo preside os procesos de acceso a Navantia", "cando máis do 70% das persoas inscritas son consideradas non aptas para participar nas probas de selección".

"Estamos ante unha absoluta falta de respecto aos traballadores da nosa comarca", di, ao permitir "que se publiquen as listas sen ser revisadas pola representación legal, en datas nas que se dificulta o acceso á información". Todo iso "omitiendo información necesaria para poder reclamar de maneira rápida, xa que só hai tres días de prazo de reclamacións".

PROCESO "IMPRESENTABLE"

Pola súa banda, a CGT tamén acusa a CC.OO. e MAS de "aceptar a negativa" da dirección de Navantia de trasladarlles estas listaxes, tal e como se comprometeron os representantes da parte social. Acusa a estas dúas organizacións de conivencia coa empresa.

A CGT tachou de "impresentable" que se siga sen especificar os motivos concretos da non admisión, pois "non é suficiente con dicir documentación incompleta", ao estimar que "hai que especificar que documentos faltan".

É por iso que a CGT reclama que "todos os sindicatos poidan comprobar o que estimen oportuno", así como que "se publiquen posteriormente unhas novas listaxes provisionais que inclúan todos os motivos concretos da non admisión".

Navantia.
Navantia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta