Afundación iniciará a próxima semana un programa de apoio e acompañamento para persoas de máis de 60 anos

Afundación ve "necesario minimizar os efectos que as limitacións á mobilidade e ao contacto social provocan na saúde física, psicolóxica, mental e emocional das persoas maiores".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

Afundación, a obra social de Abanca, porá en marcha a partir da próxima semana un novo programa de acompañamento para persoas maiores de 60 anos, co obxectivo de "dar apoio e proporcionar ferramentas" que lles axuden a xestionar as novas situacións xurdidas durante a pandemia do coronavirus.

O programa será gratuíto, segundo garante a entidade nun comunicado, e deseñouse a partir dunha experiencia piloto desenvolvida desde o mes de xaneiro entre 700 persoas socias dos 'Espazos+60' de Afundación para coñecer o cambio nas súas necesidades e inquietudes neste novo contexto social.

A coordinadora de Envellecemento Activo de Afundación, Sabela Couceiro, xustifica o lanzamento desta ferramenta "ante as restricións e recomendacións de prevención" derivadas da covid, o que "fai necesario minimizar os efectos que as limitacións á mobilidade e ao contacto social provocan na saúde física, psicolóxica, mental e emocional das persoas maiores".

Neste contexto, este programa de acompañamento nace co obxectivo de "ser un apoio" para que os participantes "sigan conectados cos demais, realicen as xestións que precisen e accedan a propostas que lles permitan manterse activos física e mentalmente tanto para gozar da vida, coidar da súa saúde como para seguir aprendendo", subliña Couceiro.

Este programa inclúe a proposta 'pasear e conversar', na que os participantes se reúnen en grupos reducidos para dar pequenos paseos e charlar acompañados de membros do equipo de Envellecemento Activo de Afundación; ademais de acompañamento telefónico emocional para persoas con complicacións para saír do fogar e que sofren soidade ou calquera outra circunstancia.

Así mesmo, a ferramenta ofrecerá asistencia dixital en horario de mañá e tarde, de forma telemática ou presencial con cita previa nos 'Espazos+60', de modo que o persoal de Afundación poderá atender calquera dúbida no manexo dos dispositivos tecnolóxicos.

Unha parella utiliza ferramentas tecnolóxicas.. AFUNDACIÓN - Arquivo
Unha parella utiliza ferramentas tecnolóxicas.. AFUNDACIÓN - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta