A Xunta amplia o capital social de Sodiga ata os 47 millóns

Son 10 millóns máis dos que contaba ata a data esta sociedade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

A Consellería de Facenda publica este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) a modificación dos estatutos da Sociedade de Capital Risco (Sodiga) pola que amplía o seu capital social ata os 47 millóns de euros. Estes 47 millóns supoñen 10 millóns máis dos 37 millóns de capital social cos que contaba ata a data esta sociedade cuxo obxecto é a toma de participacións temporais no capital de empresas.

Esta resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Facenda realízase tras os acordos tomados en dúas reunións do Consello da Xunta de 2020. Igualmente, na modificación de estatutos publicadas faise referencia a cuestións de tipo técnico como valor das accións, adopción de acordos e auditorías contables.

Reunión do Consello da Xunta. ANA VARELA / XUNTA / Europa Press
Reunión do Consello da Xunta. ANA VARELA / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta