Temas: AMES LUGO RADIO PSDEG

José Tomé, sobre unha posible renovación no PSdeG tralos cambios na delegación: "Agora non estamos niso"

Os cambios no seo do partido veranse "cando sexa a etapa dos congresos", asegurou o presidente da Deputación de Lugo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, descartou este martes que o nomeamento do xa exalcalde de Ames, José Manuel Miñones, como novo delegado do Goberno en Galicia supoña unha posible renovación no liderado do PSdeG"Agora non estamos niso", respondeu Tomé antes de entrar ao pleno da institución provincial, no momento no que os xornalistas lle preguntaron acerca destes movementos.

Na súa opinión, os cambios no seo do partido veranse "cando sexa a etapa dos congresos". Ademais, lembrou como "hai uns días, nunha entrevista radiofónica" en Radio Nacional (RNE), o propio Miñones "dixo que non tiña aspiracións orgánicas".

"Aínda estamos lonxe do que sería o proceso da xente que se queira propor para optar a distintos cargos orgánicos do partido e, cando toque, falaremos diso. Só toca desexarlle o mellor á fronte da delegación do Goberno en Galicia", resolveu. En calquera caso, o presidente da Deputación de Lugo aproveitou tamén "para agradecer ao compañeiro Javier (Losada) o labor que fixo todos estes anos á fronte da Delegación do Goberno en Galicia", desde que Pedro Sánchez chegou á Moncloa en 2018.

E é que con Losada, engadiu Tomé, tivo "a ocasión de colaborar estreitamente". "E tamén teño a sorte de coñecer ao novo delegado do Goberno, José Miñones, desde hai tempo e estou convencido que tamén vai facer un excelente labor. Xa a fixo como alcalde de Ames e vaina facer neste posto institucional que lle encarga o Goberno de España", afirmou

Finalmente, desexoulle "toda a sorte do mundo e que faga un bo labor institucional, que é a que lle corresponde agora mesmo".

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomei.
O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomei. | Fonte: Europa Press

ABEL CABALLERO

Doutra banda, o alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, tamén felicitou ao excalcalde de Ames. Tras mandarlle os seus "mellores desexos" nunha rolda de prensa este martes, Caballero destacou que Miñones "vén cunha boa traxectoria, porque vén de ser alcalde". Neste sentido, remarcou que lle "gusta moito cando no currículo da xente da política" se inclúe unha etapa como alcalde ou concelleiro, porque a actividade política local é "da maior relevancia".

Cuestionado acerca de se cre que este paso pode supoñer que Miñones teña maior relevancia no PSdeG, Caballero rexeitou entrar a valorar "temas de partido". "Xa é un cargo moi relevante, un cargo institucional e por tanto a miña felicitación; non vou facer ningunha valoración que non sexa desexarlle o mellor", selou.

A continuación, tamén se referiu a Javier Losada, do que subliñou que "fixo un bo traballo no seu tempo de delegado". Con el, dixo, mantén unha amizade de varios anos, polo que lle enviou "un abrazo" e o seu "recoñecemento polo seu traballo".

Temas: AMES LUGO RADIO PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta