Temas: FRASEOLOXíA

“Na estribeira”, “á estribeira” ou “en estribeira”, equivalentes, entre outras, á locución castelá “en cabestrillo”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 04/04/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Para expresarmos que unha persoa leva un brazo ou unha man magoados de tal xeito que quedan sostidos cun pano que lle colga do pescozo, a maioría da xente galegofalante emprega hoxe en día a locución castelá en cabestrillo. Non obstante, en galego temos locucións de noso coas que manifestamos ese mesmo significado. Vexamos algunhas:

A dama da xustiza, imparcial cos ollos vendados, o poder da espada e a balanza do equilibrio e a verdade
A dama da xustiza, imparcial cos ollos vendados, o poder da espada e a balanza do equilibrio e a verdade

En cabestrillo

{= Sostido cunha estribeira.}

Na estribeira && Á estribeira && En estribeira

Á coleira

[E TAMÉN]:

Ó colo

Ex.: Como comprenderás, con el brazo derecho en cabestrillo, y siendo conductor, tiene que estar de baja.

Como comprenderás, co brazo dereito na estribeira á estribeira en estribeira á coleira ó colo, e sendo condutor, ten que estar de baixa.

NOTAS:

1. En relación coa locución ó colo obsérvese, por exemplo, a paremia ó brazo colo e á perna cama, tirada da obra Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa, de Xosé Luís Franco Grande.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, nos enderezos seguintes:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. Edición en liña.

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta