A Xunta apoia aumentar a actividade dunha planta asfáltica ao carón dun río en Arteixo

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental vén de dar luz verde ao proxecto presentado pola empresa propietaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2021 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Xunta deu luz verde ao informe de impacto ambiental do proxecto de Arias Infraestruturas para a posta en marcha dunha nova liña de valorización de residuos de áridos non contaminantes na súa planta de mesturas asfálticas no municipio coruñés de Arteixo.

Na resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, conclúese que "non son previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente", polo que non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinario. O obxecto deste proxecto é de aproveitar os residuos procedentes do fresado de firmes para a fabricación de mesturas asfálticas --mesturas bituminosas en quente-- no marco da "economía circular".

Este proxecto sitúase na planta de conglomerado que a compañía posúe na canteira de Trambasagua, no lugar de Freón-Monteagudo, no municipio de Arteixo. A capacidade máxima total da planta en xestión de residuos bituminosos será de 36.000 toneladas ao ano, segundo informa o promotor.

Entre outros avisos que realiza o Goberno galego, apúntase que na fase de construción deben tomarse medidas preventivas para evitar, especialmente en días de choiva, arrastres de terras que poidan incorporarse ao medio hídrico pola súa proximidade ao Rego da Veiga. Aínda que se apunta que se afecta á contorna de protección do Rego da Veiga, a Xunta indica que non hai zonas de especial conservación (ZEC), Rede Natura ou especies ameazadas.

Planta Asfáltica
Planta Asfáltica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta