Galicia xa está na cola do Estado en vacinación a pesar de que a Xunta di estar preparada

Sitúase nun 76,8%, mentres que a media de España é do 82,9%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Galicia, que seguirá vacinando os próximos días festivos e durante o fin de semana en hospitais e centros de saúde, administrou 16.440 vacinas en 24 horas (os datos son a peche do 30 de marzo) e entre o luns e o martes foi fornecida con 95.930 dose.

De feito, a recepción de vacinas fixo caer a porcentaxe de doses recibidas sobre as administradas, xa que se sitúa agora no 76,8 por cento, por baixo da media nacional (82,9%), no vagón de cola das comunidades, segundo os datos do Ministerio de Sanidade feitos públicos este mércores.

O número de vacinas entregadas a Galicia ascende a 622.665 dose, das cales foron fornecidas 478.450 vacinas. As persoas coa pauta completa suman 154.528.

No conxunto do país, foron administradas un total de 8.035.160 dose das vacinas contra a covid-19 de Pfizer-BioNTech, Moderna e AstraZeneca, 298.549 delas nas últimas 24 horas. Isto supón o 77,5 por cento das distribuídas, que ascenden a 10.362.745 unidades.

Unha muller espera a recibir a vacina de AstraZeneca contra a COVID-19, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 11 de marzo de 2021. Galicia iniciou hoxe a vacinación de persoas entre 50 e 55 anos cunha prue. César Arxina - Europa Press
Unha muller espera a recibir a vacina de AstraZeneca contra a COVID-19, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 11 de marzo de 2021. Galicia iniciou hoxe a vacinación de persoas entre 50 e 55 anos cunha prue. César Arxina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta