Seguen aumentando os contaxios e tamén as hospitalizacións en plena Semana Santa

Hai 138 novos casos e aumentan lixeiramente os pacientes ingresados, catro máis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 rexistraron un descenso en Galicia, ata os 2.340, mentres repuntan os novos contaxios, 138 máis que a xornada anterior, segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade. Por outra banda, aumentan lixeiramente os pacientes ingresados, un total de 199, dos que 28 están en UCI --dous menos-- e 171 noutras unidades, catro máis.

De acordo cos últimos datos achegados por Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, hai 14 casos activos menos fronte á xornada anterior, mentres que aumentan os pacientes curados, 152 máis respecto ao martes.

En canto ás áreas sanitarias, A Coruña e Vigo mantéñense como as que rexistran máis casos activos, 783 e 627 respectivamente; seguida de Santiago, con 270; Pontevedra con 229; Lugo, con 169; Ourense con 142 e Ferrol, con 120.

Na da Coruña e Cee están 14 pacientes Covid en UCI --un menos-- e mantéñense en 57 os que se atopan noutras unidades; na de Santiago e Barbanza son tres en críticos --un máis-- e soben a 17 os que están noutras unidades --dous máis-- mentres que na de Lugo hai dous en UCI --sen cambios-- e 10 noutras unidades --sen cambios--.

Pola súa banda, na de Ourense hai un paciente Covid en UCI --un menos-- e baixan a 17 as persoas ingresadas noutras unidades --un menos--; mentres que na de Vigo mantéñense en cinco os críticos e aumentan os hospitalizados, de 39 a 43.

En canto á área de Pontevedra e O Salnés, hai un paciente en UCI --un menos-- e soben a 21 os doutras unidades --tres máis--; mentres que na de Ferrol son seis persoas en unidades de hospitalización convencional con Covid --catro menos-- e hai dous en UCI --sen cambios--.

MENOS CASOS ACTIVOS

Segundo os datos actualizados este xoves, os casos activos de Covid en Galicia descenden lixeiramente, ao pasar de 2.354 a 2.340 --14 menos--, cun incremento dos curados (152 máis), aínda que tamén cun aumento dos contaxios (138 máis).

Os casos activos mantéñense igual, respecto dos datos achegados en relación ao martes, na área sanitaria de Lugo, con 169, mentres aumentan nas de Santiago, pasando de 268 a 270, e na de Vigo que pasa de 619 a 627. Pola contra, descenden na da Coruña, onde pasa dos 791, contabilizados segundo datos ás 18,00 horas do martes, aos 783 do mércores; na de Ferrol, de 131 a 120; a de Ourense, de 145 a 142 e a de Pontevedra de 231 a 229.

Dos novos contaxios, 120 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que 35 corresponden á área da Coruña; tres á de Ferrol; nove á de Lugo; cinco á de Ourense; 17 á de Pontevedra e O Salnés, 12 á de Santiago e Barbanza e 39 á de Vigo.

Segundo os últimos datos, os contaxiados de Covid-19 en Galicia ascenden a 117.162, dos que 28.448 corrrespnden á área da Coruña e Cee; 22.251 á de Vigo; 18.504 á de Santiago e Barbanza; 14.858 á de Ourense; 12.786 á de Pontevedra e O Salnés; 12.056 á de Lugo e 8.259 á de Ferrol.

BAIXA A TAXA DE POSITIVIDADE

No relativo á taxa de positividade baixou a un 1,5 tras haber repuntado a un 3 por cento polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press. / Europa Press
Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta