As residencias galegas a piques de quedar libres da covid

Dan negativo os 11 residentes do centro Coviastec Silleda e só hai dous traballadores contaxiados; un de Silleda e outro de Oleiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

As residencias de maiores non rexistraron novos positivos nas últimas horas e redúcense a dúas os casos, unicamente de traballadores, ao dar negativo os 11 usuarios da residencia de maiores Coviastec Silleda.

Unicamente hai dous traballadores contaxiados, un dunha residencia de Oleiros e outro da residencia Coviastec Silleda, en Pontevedra. Así se recolle nos datos actualizados este xoves polas consellerías de Política Social e Sanidade, que confirman que os centros de discapacidade galegos mantéñense sen infectados por coronavirus nin entre os seus usuarios nin entre os seus traballadores.

Esta situación prodúcese despois de que durante a terceira onda do coronavirus, as residencias galegas rexistraron un pico de usuarios contaxiados de 466. Este máximo produciuse en 24 de xaneiro, un día antes de cumprirse os sete días necesarios desde a administración da segunda dose da vacina para xerar inmunidade, dado que este proceso arrincou de forma xeneralizada o 18 de xaneiro.

Desde o día 25, e aínda a pesar dalgúns brotes, as residencias de maiores galegas experimentaron un progresivo descenso na cifra de usuarios afectados.

Residencia de maiores Coviastec, en Silleda / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Residencia de maiores Coviastec, en Silleda / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta