Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 19:24
Galicia sitúase entre as comunidades cunha menor incidencia, con 65 casos diagnosticados por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, por baixo da media estatal. As comunidades autónomas notificaron ao Ministerio de Sanidade 9.571 novos casos de Covid-19 desde o xoves, 2.809 deles diagnosticados nas últimas 24 horas, e 157 mortes, mentres que a incidencia acumulada a 14 días baixa tres puntos, ata 152 casos por cada 100.000 habitantes.
Esta panorámica, con todo, debe ser tida en conta a baixada de probas diagnósticas do Sergas; unha problemática xa aludida por Galicia Confidencial e que podería provocar unha distorsión da auténtica marcha da pandemia, mostrando uns datos máis positivos pero que, en en realidade, non se corresponderían coa evolución do virus en Galicia.
Por comunidades, as que presentan unha maior incidencia acumulada a 14 días son Melilla, con 416 novos casos por cada 100.000 habitantes, Navarra, con 326, Ceuta, con 315, e Madrid, con 267. Mentres, Galicia, as Illas Baleares, Murcia e a Comunidade Valenciana presentan as menores taxas, con 65, 63, 61 e 33 positivos por cada 100.000 habitantes detectados nas últimas dúas semanas.
A cifra total de contaxios no Estado elévase xa a 3.300.965 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 151,7, fronte a 154,76 rexistrados o xoves. En dúas semanas rexistrouse un total de 72.026 positivos.
No informe deste sábado engadíronse 157 novos falecementos. Ata 75.698 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou ao Estado, de acordo cos datos recollidos polo Ministerio. Na última semana faleceron 205 persoas con diagnóstico de COVID-19 positivo confirmado en España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.