(Vídeo) Un documental sobre o Dépor Abanca inaugura un novo medio de deporte en galego

Nace éDeporte, un medio dixital en galego para analizar e informar da actualidade deportiva.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O mundo do deporte galego conta, dende este luns, cun novo medio de comunicación para analizar e informar da actualidade do sector. Será á conta do proxecto, éDeporte, un xornal dixital que se dará a coñecer cun documental sobre o Deportivo Abanca, Detrás dos 90'. A peza será publicada este luns ás 21:00 na web do medio --así como na súa canle de Youtube--, coincidindo co inicio de actividade da plataforma.

Deportivo Abanca
Deportivo Abanca | Fonte: Dépor

Á parte, o proxecto éDeporte vén de lanzar o pasado venres o primeiro episodio do seu serial O noso camiño, unha consecución de vídeos que "narrarán durante as próximas seis semanas a fase de ascenso da SD Compostela". O día antes  de cada un dos partidos de play-off do cadro compostelán publicarase un  novo capítulo da serie, e cando a fase remate, éDeporte lanzará o documental  completo da historia; segundo apuntan os responsables. 

 

Este medio de comunicación en galego e de vocación audiovisual nace grazas á iniciativa do equipo conformado por Alejandro Gómez Fernández, Paula Avendaño Liste, Lucía Cancela Martínez e César Fieiras, responsables do proxecto e gañador da V edición da bolsa Nacho Mirás; organziada polo Colexio e Xornalistas de Galicia e Abanca coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Será precisamente na facultade compostelá onde, este luns ás 12:00, terá lugar a presentación oficial do proxecto. A plataforma, polo momento, avanza a bo ritmo tras ter recibido máis de 7.000 visualizacións no tráiler do documental co que dará comezo un proxecto que, agardan, durará longamente. Podes acceder ás súas contas de Twitter, e Instagram

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta