Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 12:39
Os produtores galegos reciben 32,7 céntimos por litro de leite no mes de febreiro, segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Agricultura. Deste xeito, Galicia segue á cola do Estado xa que é a comunidade peninsular con menor prezo --en Baleares son 31,7 céntimos--. Na comunidade galega págase un céntimo menos que a media española, que se sitúa en 33,8 céntimos.
Estes 32,7 céntimos por litro supoñen unha baixada desde os 33 céntimos que se pagaban en xaneiro. É un descenso lixeiramente máis acusado que na media de Estado, onde se pasa de 34 a 33,8 céntimos. Pola súa banda, continúa a perda de gandeiros con entregas en Galicia. Son 6.694 en febreiro, o que supón 29 menos que o mes anterior. Igualmente, a produción de leite retrocede no segundo mes na comunidade galega, con 228.118 toneladas, unhas 16.000 menos que en xaneiro. Supón a cifra máis baixa no último ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.