A Xunta reitera o seu rexeitamento ao traslado do centro de Naturgy na Coruña

Pídelle "compromiso" co emprego.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/04/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reiterou o rexeitamento da Xunta ao traslado do centro de control de avarías da Coruña a Madrid, unha situación que afecta a 28 empregados, ao ser preguntado polas mobilizacións dos traballadores en contra desta medida.

O conselleiro insistiu en que a Xunta "non está acordo" e recalcou que así llo expuxeron á compañía. "Trasladámoslle que ese compromiso con Galicia ten que estar vinculado non só a un servizo de calidade e unha garantia da subministración e aos investimentos asociados se non tamén a ese compromiso co emprego".

Nesta demanda, situou a situación do centro da Coruña, á vez que cualificou de "prioritario" abordar o plan de reindustrializacion de Meirama vinculado ao peche da planta. Sobre o primeiro, pediu, ademais, que "o compromiso de Naturgy con Galicia se constate en concrecións", mentres apelou a alcanzar un acordo entre empresa e traballadores na mesa de negociación aberta.

Arquivo - Un operario limpa a cristaleira da sede de Naturgy situada en Madrid. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un operario limpa a cristaleira da sede de Naturgy situada en Madrid. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta