A ocupación media en Sanxenxo case chegou ao 50% en Semana Santa

"Resignámonos pero ás veces hai medidas que resultan incompresibles e, o que é peor, inútiles", critica o sector hoteleiro.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/04/2021 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O sector turístico de Sanxenxo fai balance dunha Semana Santa atípica na que o incremento nas restricións unido a unha meteoroloxía inestable, sostén o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, trouxeron como consecuencia "unha ocupación media do 46,7% nos establecementos turísticos que finalmente decidiron abrir as súas portas para estas datas".

"A comunicación de que Sanxenxo pasaba ao nivel medio-alto de restricións supuxo unha freada total no ritmo de reservas", explica o presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Alfonso Martínez, quen destaca que estiveron abertos apenas un 25% do total de establecementos hoteleiros.

O cambio nas restricións xerou, engadiu, "moitas dúbidas" entre quen optaran por visitar o concello, así como "modificacións e cancelacións de reservas". "O feito de non poder traballar no interior dos establecementos hostaleiros foi un verdadeiro pau", asegurou Martínez, quen destacou que a prioridade para o sector "sempre foi o cumprimento das restricións e o escrupuloso seguimento das normas establecidas".

"Resignámonos pero ás veces hai medidas que resultan incompresibles e, o que é peor, inútiles", reflexionou, para engadir que o sector continúa coas expectativas fixadas no verán.

Varias persoas pasean polo paseo marítimo de Sanxenxo, Pontevedra
Varias persoas pasean polo paseo marítimo de Sanxenxo, Pontevedra | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta