'Seguir creando en digital' pide recoñecer a propiedade intelectual na adaptación da norma á directiva europea

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A plataforma 'Seguir creando en digital', na que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) participa desde a súa creación, esixiu ao Goberno do Estado que a próxima transposición á lexislación española da Directiva europea sobre os dereitos de autor no mercado único dixital recoñeza de forma clara e específica os dereitos de propiedade intelectual e a súa xestión colectiva obrigatoria e irrenunciable.

Así o sinalou nun comunicado remitido aos medios, no que destaca a súa preocupación ante a posibilidade de que a transposición non reflicta "o dereito lexítimo dos autores a unha negociación colectiva con transparencia sobre as condicións de explotación das súas obras, sobre os usos aos que son sometidas e sobre a remuneración que corresponde e á que alude o artigo 15 da Directiva".

Ante esta situación, as entidades integradas na plataforma, entre as que se atopa a AELG, piden unha negociación aberta co Executivo estatal para garantir a supervivencia dos seus dereitos a través de medidas como o mantemento da propiedade intelectual na lexislación existente. "Un dereito social e estratéxico para que os autores e as industrias culturais poidan seguir creando e contribuíndo ao patrimonio cultural de forma digna", sinala.

Así mesmo, reclaman a protección do talento creativo contra as grandes plataformas tecnolóxicas que explotan o contido cultural e obteñen grandes beneficios sen que os creadores sexan adecuadamente remunerados.

Tamén indican que a opción esencial, na transposición dos artigos 15 e 17 da Directiva europea, para a xestión colectiva obrigatoria e irrenunciable como o "único e máis solvente mecanismo para garantir a presenza autoral negada por plataformas, agregadores e propietarios das redes sociais máis importantes".

Persoa navigando por internet nunha táblet cun ordenador portátil ao fondo
Persoa navigando por internet nunha táblet cun ordenador portátil ao fondo | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta