Un gran lume de máis de 20 hectáreas que comezou pola noite afecta a Ortigueira

Comezou ás 23.00 horas do luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2021 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Medios de extinción traballan este martes para sufocar un incendio forestal que afecta a máis de 20 hectáreas de superficie no termo municipal de Ortigueira.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume comezou ás 22,56 horas deste luns pasado na a parroquia de Devesos, no municipio de Ortigueira.

As últimas estimacións realizadas apuntan a que afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas, asegurou o departamento de Medio Rural da Xunta. Para o seu control foron mobilizados catro axentes, sete brigadas, catro motobombas e unha pa.

Incendio de Vilariño de Conso en Ourense onde se declarou a situación 2 de emerxencia dada a proximidade do lume a núcleos de poboación. En Vilariño de Conso (Ourense) a 14 de setembro de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta