Carballeda de Avia acollerá un plan piloto que combinará pasteiros con iniciativas de mobilidade de terras

Utilizará os instrumentos da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Por E.P. | Ourense | 06/04/2021 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O concello ourensán de Carballeda de Avia acollerá un plan piloto promovido que combinará pasteiros con diversas iniciativas de mobilización de terras, utilizando os instrumentos da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así se abordou nun encontro entre o conselleiro do Medio Rural, José González e o alcalde da localidade, Luís Milia.

Reunión entre representantes de Medio Rural e de Carballeda de Avia
Reunión entre representantes de Medio Rural e de Carballeda de Avia | Fonte: Xunta.

En concreto, e tratou a xa implementada aldea modelo de Muimenta, que nas próximas semanas contará cun rabaño de cabras que se encargarán de rozar a contorna á espera de que se defina o produtor ou produtores que se establecerán na zona.

Estas 29,14 hectáreas dedicaríanse a usos como gandaría en extensivo, o cultivo de viñas, ademais do mantemento das franxas secundarias en varias aldeas deste concello que resultaron moi afectadas os incendios de 2017.

A maiores da aldea modelo de Muimenta, González incidiu en que o plan piloto e Carballeda de Avia inclúe a promoción de pastos e outras aldeas modelo, conectando ambas as fórmulas entre si polos proxectos produtivos.

Outra das iniciativas que se prevé é un polígono para a plantación de viñedo, que se sumaría aos outros tres xa contemplados na mesma comarca do Ribeiro.

Doutra banda, tamén se avanzou na participación do monte Vilar de Condes no programa 'Forvalue: Xestión innovadora para a valorización e resiliencia do espazo forestal'.

Trátase dun proxecto europeo de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal en materia de incendios forestais destinado a implementar unha serie de modelos de xestión, nos que se combina a mellora do aproveitamento do espazo forestal e da biomasa coa xeración de emprego e o desenvolvemento económico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta