Temas: EMPREGO

Galicia rexistra máis de 3.000 empresas 'zombis' e 58.156 sen actividade, segundo un informe

Representan o 7,81% do total das que hai en España.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/04/2021 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Galicia rexistra 3.091 empresas 'zombis' e un total de 58.156 compañías que non teñen actividade comercial, segundo o estudo realizado por Informa D&B, compañía filial de Cesce. As 3.091 empresas 'zombis' representan o 7,81% do total das que hai en España, de acordo co informe, mentres que as 58.156 sen actividade son o 4,04%.

Local pechado en Santiago de Compostela.
Local pechado en Santiago de Compostela.

España rexistra en concreto 39.560 empresas 'zombis' e máis de 1,4 millóns de compañías que non teñen actividade comercial, segundo o estudo.

Os sectores de construción e actividades inmobiliarias e o de comunicacións son os que acumulan unha maior cantidade de 'empresas zombis', que non poden cubrir os seus gastos cos seus ingresos, co 19% e o 18% do total, en particular aquelas que se dedican á actividade inmobiliaria e a informática. Comercio é o seguinte, cun 17%.

Os sectores con menor número de compañías nesta situación son administración (0,03%), industrias extractivas (0,36%), educación (1,43%), e sanidade (1,61%). En hostalaría atópase o 4%, case todas na rama de servizos de aloxamento.

Temas: EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta