O Sergas convocará a unhas 3.600 persoas a cribados no Grove tras o aumento de casos

Este concello acaba de ser pechado pola Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2021 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés convocará a preto de 3.600 persoas a un proceso de cribado voluntario de detección de asintomáticos no municipio do Grove. Precisamente, este martes o Comité Clínico da Xunta decidía pechar este concello a partir do venres.

A subdirectora de Prestación Farmacéutica da área, María del Carmen Val Sanlés, explicou que se desplazarán equipos a centros educativos, empezando este mércores no IES Ponche da Vila e o CEIP Conmeniño.

Ao día seguinte, os equipos acudirán ao IES As Bizocas e ao CEIP Rosalía de Castro, do mesmo municipio. Ese mesmo día arrincará, á súa vez, o cribado entre a poboación de entre 19 e 49 anos, no que se citará a 2.600 persoas por SMS ata o sábado.

Cribado realizado nun municipio
Cribado realizado nun municipio | Fonte: Concello de Abegondo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A festa VIP de Vigo seica non preocupa demasiado aos rastrexadores do Sergas ? https://twitter.com/00Gamela/status... Vivimos nun mundo de dúas velocidades (coma sempre)