A CIG-Ensino esixe derrogar o decreto de plurilingüismo tralo toque de atención da UE

O último informe do Consello de Europa advirte de que o número de menores de 15 anos que non saben falar en galego podería aumentar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2021 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino esixiu á Xunta que derrogue o decreto do plurilingüismo tras o novo informe do Consello de Europa que advirte de que o número de menores de 15 anos que non saben falar en galego podería aumentarNun comunicado remitido aos medios, o sindicato nacionalista lembra que a pasada semana o Consello de Europa publicou as conclusións sobre a avaliación da aplicación polos Estados da Carta Europea das linguas rexionais e minorizadas.

A CIG sostén que tanto a Administración galega como o Estado achegaron a Bruxelas un informe sobre a situación do galego "incompleto, falso e tendencioso" co obxectivo de "non evidenciar" que as súas actuacións "están moi lonxe de adecuarse ao que estaban comprometidas, a protección das linguas minorizadas e a promoción do seu desenvolvemento".

Con todo, a central sindical sinala que o comité de expertos tamén pediu documentación a entidades independentes de cada lingua minorizada. No caso do galego, á Mesa pola Normalización Lingüística. Conforme apunta a Xunta, no seu documento a asociación "evidenciou que a situación na educación, debido en gran parte á aplicación do lesivo decreto de plurilingüismo, é especialmente grave porque "non todas as limitacións ao galego foron eliminadas tal e como estaba asinado".

Ante iso e despois de que o Consello de Europa alertase que o número de menores de 15 anos que non saben falar en galego podería aumentar, a CIG-Ensino fixo un novo chamamento a que partidos políticos, gobernos, entidades, nais e pais, profesorados e sociedade en xeral coloquen na axenda a asunción de responsabilidades e medidas para reverter a situación actual. "Se non reaccionamos inmediatamente pode volverse irreversible", sinala o sindicato.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta