Denuncian a imposición de "corentenas ilegais" aos presos do cárcere da Lama

A coordinadora Abaixo os muros! asegura que a dirección do centro impón un illamento de dez días a todo interno que pase por un vis a vis. A medida, equiparable ao castigo por illamento, estaría a disuadir a moitos de recorrer ao seu dereito.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A pandemia de covid-19 vén de poñer no foco público moitas das prácticas desenvoltas dende hai tempo nos cárceres galegos e que, ata hai pouco, pasaban desapercibidas ou baixo o radar da opinión pública. Logo das denuncias de diversos observatorios polos dereitos dos reos, a coordinadora galega Abaixo os muros! vén de botar luz sobre unha suposta vulneración que estaría a ter lugar no Centro Penitenciario da Lama. 

Prisión de A Lama
Prisión de A Lama | Fonte: blogcarcelalama.blogspot.com

A cuestión denunciada estaría nos vis a vis, suspendidos a finais do ano pasado pola dirección do centro e reabertos hai escasas semanas polo mesmo axente “despois de seis meses” sen estea posibilidade. A nova, porén, non supón un gran cambio --de acordo coa coordinadora--, xa que os encontros están a ter lugar nunhas “condicións abusivas” que “vulneran os dereitos básicos dos presos” e non atenden nin a legalidade que marca o regulamento penitenciario nin a propia do ‘estado de alarma’”.

Tal e como explican dende a plataforma, “os presos e presas deberán gardar unhas corentenas de illamento de dez días logo de cada vis realizado”. A corentena, que se desenvolve “nun modulo especial destinado a tal fin”, pode rematar por se equipara ao illamento, segundo a coordinadora; é dicir, a un dos castigos máis duros contemplados no marco do réxime penitenciario.

"CORENTENAS ILEGAIS"

En concreto, a regulación carcelaria española recoñece 14 días como máximo de peche en illamento; se ben neste caso contemplaríase unha saída ao patio de 2 horas, mentes que no peche sanitario esta posibilidade queda anulada. Abaixo os muros! asegura que xa están a constatar unha baixada dos vis a vis por mor das condicións impostas.

A plataforma considera, en conxunto, que a “imposición” destas corentenas “vulnera as disposicións decretadas polo Estado de alarma”. Esta norma, subliñan, “ non contempla a obriga de illar a persoas de forma infundada como é o caso, xa que se están colocando en corentena persoas que non mostran síntomas de coronavirus, sen realizarlles PCRs ou  outras medidas de detección, nin a elas nin as persoas que as visitan”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta