A campaña da renda comeza cun aumento previsible de declaracións a ingresar

Facenda prevé un incremento das declaracións en Galicia, que descenderán no dereito á devolución.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/04/2021 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Axencia Tributaria prevé que este ano se presenten un total de 1.341.052 declaracións en Galicia, un 0,6% máis que en 2020, fronte a un incremento do 2,1% no conxunto estatal, que situará o total en 21.570.000.

Segundo a previsión de Facenda, un total de 875.652 declaracións terán dereito a devolución, o que representa unha caída do 4,1% respecto da campaña da renda precedente, fronte a un descenso do 1% en España, onde se prevé que 14.330.000 declaracións teñan dereito a devolución, dous terzos do total.

Precisamente, a Axencia Tributaria abriu este mércores o prazo para confirmar ou modificar e presentar por internet a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a 2020 (IRPF 2020) e as devolucións iniciaranse en 48 horas, é dicir, o vindeiro venres.

No caso concreto da comunidade galega, o importe estimado das devolucións será de 606 millóns de euros, un 4,6% menos que na campaña precedente. Pola súa banda, os contribuíntes que conten con declaracións a ingresar, 380.771, un 6,8% máis, lixeiramente superior ao aumento de España (+5,7%), por importe de 797 millóns (+15,2%), non realizarán os primeiros pagos ata o final da campaña.

Arquivo - A ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero (con vestido laranxa), durante a súa vista á delegación especial da AEAT en Madrid con motivo da Campaña de Renda 2018.. Óscar Canas - Europa Press - Arquivo
Arquivo - A ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero (con vestido laranxa), durante a súa vista á delegación especial da AEAT en Madrid con motivo da Campaña de Renda 2018.. Óscar Canas - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta