Navantia Ferrol xa está a piques de concluír parte da mecánica para as corvetas sauditas

Estes elementos colócanse entre o motor e a hélice e supoñen en conxunto unhas 330.000 horas de traballo na fábrica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2021 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A Fábrica de Turbinas de Navantia Ferrol atópase ultimando a elaboración das reductoras para as corvetas que a empresa está a construír nos estaleiros da Baía de Cádiz para Arabia Saudita.

O director da Fábrica de Turbinas, Andrés Cachaza, realizou un percorrido polas polas instalacións xunto cos medios de comunicación. A visita coincidiu coas probas da novena reductora do dez destinadas aos buques militares sauditas. Estes elementos colócanse entre o motor e a hélice e supoñen en conxunto unhas 330.000 horas de traballo na fábrica.

Nestas instalacións está a abordarse tamén o futuro proxecto das fragatas F-110 para a Armada Española, en todo o que ten que ver coa superestructura, e trabállase para poder chegar a materializar algún proxecto de hidróxeno verde, neste caso participando como tecnólogos. Tamén están a abordar a materialización dalgúns traballos no submarino que leva anos executándose no estaleiro de Navantia en Cartaxena (Murcia).

As instalacións funcionan desde o ano 1912, paralizadas tan só durante a Guerra Civil. Segundo detallou Cachaza, chegaron a colocar "ata o 80% das turbinas de xeración de enerxía de todo o país". "Entre os anos 1995 e 2007 fabricamos ata 780 máquinas eólicas", engadiu, en alianza coa empresa alemá Siemens, con cuxa patente traballan dentro deste sector.

Operarios. FERROL
Operarios. FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta