Convocan unha manifestación na Coruña para esixir a condonación da débeda ao porto

Por E.P. | A CORUÑA | 08/04/2021 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A Comisión en Defensa do Común convocou para o 30 de maio unha manifestación coa demanda, entre outras cuestións, de esixir a condonación da débeda do porto, segundo o acordado nunha reunión celebrada con representantes tamén de asociacións veciñais e formacións culturais e políticas.

Protesta da plataforma Defensa do Común para reclamar ao Estado que abone a débeda do porto exterior da Coruña. DEFENSA DO COMÚN
Protesta da plataforma Defensa do Común para reclamar ao Estado que abone a débeda do porto exterior da Coruña. DEFENSA DO COMÚN

Nun comunicado, explican que a manifestación terá "un carácter comarcal porque o porto da Coruña é cousa de todos os concellos". A protesta desenvolverase para reclamar a "condonación total" da débeda da Autoridade Portuaria con Portos do Estado, vinculada á construción do porto exterior. "E que se asuma o custo íntegro de acceso ferroviario a través dos Orzamentos do Estado".

En ambos os casos, reclaman "compromisos firmes". Tamén que "non se vendan os peiraos para financiar a débeda", á vez que rexeitan "medidas de flexibilización" para o pago da mesma ou a "reestruturación" ata 2035.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta