O consorcio provincial contra incendios de Pontevedra será 100% público a partir de xuño

Tamén recibiu luz veder o expediente de modificación de crédito para adaptar á nova situación do consorcio o seu orzamento para 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O consorcio provincial contra incendios de Pontevedra, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% coa Xunta, deu luz verde á xestión directa da prestación do servizo, que se fará efectiva a partir do próximo 1 de xuño.

A presidenta da deputación pontevedresa, Carmela Silva, encabezou o pleno do consorcio no que se aprobou por unanimidade o cambio de modelo, que implica a asunción total do servizo pola vía pública. Deste xeito, o persoal do servizo queda subrogado ao novo servizo e manterán as condicións que tiñan co modelo mantido ata agora. Tanto Silva como o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, mostraron a súa satisfacción pola decisión do pleno do consorcio e apelaron a "seguir traballando" para que o servizo cumpra cos seus obxectivos.

No encontro deste xoves tamén recibiu luz veder o expediente de modificación de crédito para adaptar á nova situación do consorcio o seu orzamento para 2021, uns cambios que agora deberán pasar o trámite de ser ratificados no pleno da Deputación de Pontevedra.

Consorcio provincial contra incendios de Pontevedra. RAFA ESTEVEZ
Consorcio provincial contra incendios de Pontevedra. RAFA ESTEVEZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta