A Xunta propón unha OPE con máis de 4.300 prazas para sanidade, educación e administración xeral

Alberto Núñez Feijóo afirma que á Administración galega lle gustaría "sacar máis prazas", pero topa co impedimento estatal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves, tras a reunión semanal do seu Goberno, a convocatoria dunha oferta de emprego público (OPE) correspondente ao exercicio de 2021 de máis de 4.300 prazas para os ámbitos da Administración xeral, sanidade e educción.

OPE do Sergas en Silleda
OPE do Sergas en Silleda | Fonte: Xunta.

En concreto, a proposta do Executivo é de 1.600 novas prazas no ámbito educativo --pendente de negociar en mesa sectorial--, que se sumarían ás máis de 3.600 que quedaron aprazadas da convocatoria de 2020 por mor da pandemia e cuxos exames empezarán o próximo 19 de xuño. Feijóo avanzou que, aínda que a OPE educativa que se negociará corresponde a 2021, as novas prazas non se poderán convocar ata o próximo exercicio.

Das novas prazas ratificadas por Feijóo tras o Consello da Xunta, así mesmo, 1.491 exporíanse para a Administración xeral e 1.215 para o ámbito sanitario.

"En sanidade facemos o que podemos, esgotamos a taxa máxima de reposición e sacamos o 110% das vacantes", remarcou o presidente galego, quen insistiu en que á Administración galega lle gustaría "sacar máis prazas", pero topa co impedimento estatal.

"O mesmo ocorre" no ámbito da Administración xeral, destacou o presidente galego, quen pediu ao Goberno español que "sente a escoitar" e recapacite en relación á taxa de reposición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta