O comité de empresa de Ence pide ao Goberno que acelere a mesa de diálogo sobre a fábrica de Pontevedra

Antonio Lafuente, presidente do comité, explicou que unha vez finalizada a parada anual para pór a factoría a punto, agora manterán encontros co persoal para iniciar mobilizacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2021 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Membros do comité de empresa de Ence concentráronse este xoves ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra para esixir ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que convoque a mesa de diálogo sobre o futuro da fábrica de Lourizán e dos seus postos de traballo.

A protesta coincide coa xornada na que toma posesión o novo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e foi a primeira das mobilizacións previstas para demandar que se cumpra a promesa que lles fixo a ministra Teresa Ribera.

Antonio Lafuente, presidente do comité, explicou que unha vez finalizada a parada anual para pór a factoría a punto, agora manterán encontros co persoal para iniciar mobilizacións.

O comité de empresa, que lideran os sindicatos CIG e UGT, entenden que xa terían que darse pasos para iniciar a mesa de diálogo mentres lembran que a prórroga para a permanencia de Ence na súa actual localización en terreos de dominio público marítimo terrestre depende dunha decisión xudicial que ditará a Audiencia Nacional, pero demandan un encontro entre todas as partes para buscar solucións despois da tensión xerada en relación co artigo 18 da Lei de Cambio Climático.

Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra
Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta