Feijóo presume de oposicións: "Desde 2012 sacamos 8.200 prazas"

A Xunta ofertará na OPE deste ano 4.300 prazas, 1.600 en educación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a oferta de emprego público para este ano contemplará 4.300 prazas entre persoal sanitario, da Administración xeral e do ámbito educativo, aínda que estas últimas non serán convocadas até o ano que vén. Por iso, presumiu das prazas convocadas desde que é presidente, "8.200 desde o 2012", dixo, "unha das autonomías que máis oposicións realizou".

Oposicións ao corpo superior da Xunta.. XUNTA
Oposicións ao corpo superior da Xunta.. XUNTA

Na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, explicou que unhas 1.215 corresponden a persoal sanitario, outras 1.491 para persoal do Administrativo xeral e 1.604 para educación. Segundo lembrou, no ámbito educativo están pendentes as 3.654 prazas correspondentes ao ano pasado, que xa teñen fixada data de convocatoria entre o 19 e o 23 de xullo, co que entre os dous anos serán un total de 5.200 prazas.

TAXA MÁXIMA DE REPOSICIÓN

No ámbito sanitario, o decreto de convocatoria aprobado este xoves esgotará a taxa máxima de reposición autorizada polo Estado, do 110 %, polo que Núñez Feijóo volveu a reclamar que se amplíe porque a Xunta quere sacar máis prazas e "diminuír a concatenación de contratos" pero non pode.

Do total de 1.215 prazas sanitarias, 1.203 corresponden ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (Sergas), das que 65 son de persoal licenciado sanitario; 686 de persoal sanitario diplomado; e 452 para persoal de xestión e servizos. "Desde o ano 2012 levamos ofertadas 8.112 prazas no ámbito do Servizo Galego de Saúde, todas as que legalmente nos deixan", resaltou.

ADMINISTRACIÓN XERAL

Na Administración xeral, convocaranse 1.491 prazas, das que 1.006 son de libre acceso, 322 prazas para os procesos de promoción interna e 163 prazas para continuar coa funcionarización voluntaria do persoal laboral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta