Falece un home tras caer ao patio de luces dun edificio en Santiago

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Un home faleceu este xoves en Santiago de Compostela tras caer ao patio de luces nun edificio desta cidade, informan o servizo de Emerxencias 112.

En concreto, o suceso rexistrouse sobre as 18,00 horas, nun inmoble situado na rúa de Fernando III O Santo da capital galega.

Tras recibir o aviso por parte do 061, solicitouse a intervención da Policía Nacional, dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e de Protección Civil.

Unha vez no punto, os efectivos desprazados abríronse paso a través dunha xanela para acceder ao lugar onde se atopaba a vítima, que finalmente perdeu a vida. As forzas da orde investigan as circunstancias do ocorrido.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta