Morre unha muller de 50 anos con covid

Son xa 2.367 os falecidos desde que comezou a pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2021 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

O total de vítimas da pandemia na comunidade galega elevouse este xoves ata as 2.367, tras confirmar as autoridades sanitarias catro novos falecidos pola covid-19.

Así o avanzaron desde a Consellería de Sanidade, que suliña que tres das últimas catro vítimas da Covid-19 en Galicia faleceron no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) e unha no complexo vigués (Chuvi). Todas elas tiñan patoloxías previas.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.


En concreto, unha destas catro mortes produciuse o pasado 5 de abril, unha muller de 50 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; e as outras tres tiveron lugar o día 7: dous homes de 59 e 81 anos e unha muller de 62, o tres no Chuac.

Desde o inicio da pandemia na Comunidade galega faleceron 2.367 persoas diagnosticadas con Covid-19, tras confirmar as autoridades sanitarias catro novos falecidos por este coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta