Temas: DETENCIóN

O galego que circulaba cun cadáver na AP-7 en Xirona declara que o morto era a súa parella

O cadáver estaba nun "importante estado de descomposición".

Por Europa Press / Redacción | Xirona | 09/04/2021 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O home que foi detido este xoves por circular en dirección contraria e cun cadáver de copiloto pola AP-7 no Baix Empordà (Xirona) pasará a disposición xudicial este sábado, informaron os Mossos d'Esquadra.

Autoestrada AP-7
Autoestrada AP-7 | Fonte: European Roads.

O cadáver estaba nun "importante estado de descomposición" e os Mossos achárono despois de parar o condutor, que sufriu un accidente á altura de Jafre (Xirona) tras circular 30 quilómetros contra dirección.

Fontes próximas á investigación informaron que o condutor, de 66 anos, explicou aos axentes que era a parella do falecido, de idade avanzada.

O detido é nado en Galicia e ten dobre nacionalidade, española e suíza, e a policía catalá está a levar a cabo xestións para pescudar se fixo unha ruta por varios países antes de chegar ao Baix Empordà.

Á espera dos resultados da autopsia, dos que o xuíz instrutor disporá este sábado, a policía catalá informou o xoves de que non se observaron "indicios claros de criminalidade" no corpo.

Temas: DETENCIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta