Temas: COVID-19 CRIBADO

O Sergas cita a máis de 35.000 cidadáns a unha decena de cribados en varios concellos

Búscase "identificar novos casos positivos polo virus Sars-Cov-2".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/04/2021 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) citou a máis de 35.000 persoas a unha decena de cribados entre o 6 e 19 de abril co fin de proseguir coa detección precoz de casos de Covid-19. Así o informou a Consellería de Sanidade tras a reunión deste venres do subcomité clínico que asesora á Xunta no marco da pandemia pola Covid-19.

Un cribado para detectar casos de Covid-19 na área Sanitaria de Santiago e Barbanza
Un cribado para detectar casos de Covid-19 na área Sanitaria de Santiago e Barbanza | Fonte: Sergas.

Sanidade indicou que a Dirección Xeral de Saúde Pública "continua intensificado a realización de cribados poboacionais" co fin de "identificar novos casos positivos polo virus Sars-Cov-2".

En concreto, na área da Coruña e Cee convocou entre o 6 e 13 de abril un cribado no Ventorrillo con 8.014 citados de 20 a 40 anos --os tests serán na zona do Ventorillo--; outro entre o 6 e o 11 a 3.523 cidadáns da mesma idade no Castrillón --realizarase no Chuac-- e outro do 12 ao 19 deste mes con 4.592 convocados do mesmo rango de idade en Matogrande --tamén con probas no complexo hospitalario--.

Nesta área tamén se convocou outro cribado do 13 ao 17 de abril con 6.033 citados de 20 a 40 anos nos Mallos e convocará a outras 3.717 persoas da mesma idade a outro en Labañou, cuxa data está pendente.

Na área de Santiago e Barbanza o 10 e 11 de abril levará a cabo un cribado no concello de Boiro con 3.500 cidadáns convocados de 30 a 45 anos.

Mentres, na área sanitaria de Lugo Sanidade prepara probas para 60 persoas na parroquia de Toldaos, no municipio de Pantón, pendente de data.

En canto á área de Ourense, hai convocados dous, un este sábado 10 con 800 citados de 18 a 74 anos en Monterrei; e o luns 12 de abril outro en Carballeda de Valdeorras, con 600 participantes de 18 a 74 anos no Pavillón Municipal de Sobradelo --este será a partir das 15,00 horas con PCR--.

Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés o Sergas preparou un cribado do 8 ao 10 de abril con 2.600 convocados de 19 a 49 anos no Grove; e levará a cabo outro con 1.700 citados de 40 a 64 anos o 12 e 13 de abril na Illa de Arousa.

E na área de Vigo, para este sábado día 10 convidará a realizarse PCR a 4.000 persoas na localidade de Cangas. Será no pavillón municipal de Rodeira, ata onde se desprazará un equipo de profesionais sanitarios.

Temas: COVID-19 CRIBADO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta