O Goberno transfire 21 millóns de euros a Galicia para axudas ao aluguer

Andalucía e Cataluña, as autonomías que máis recibiron neste primeiro trimestre do ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2021 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana transferiu, durante o primeiro trimestre do ano, un total de 354,2 millóns de euros ás autonomías para subvencións do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

Esta cantidade súmase á transferida en anos anteriores, polo que en total a cantidade transferida polo Ministerio de José Luís Ábalos para axudas estatais á vivenda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 ascende a 1.454 millóns de euros.

En canto á distribución por Comunidades Autónomas, Andalucía (63.612.000 euros) e Cataluña (53.940.000 euros) son as que máis reciben, seguidas de Comunidade Valenciana (53.940.000); Madrid (41.403.600); Galicia (21.204.000); Castela e León (20.088.000); Canarias (19.716.000); Murcia (16.368.000); Castela-A Mancha (14.880.000); Aragón (14.136.000); Asturias (12.276.000); Estremadura (11.160.000); Baleares (8.928.000); Cantabria (7.068.000); A Rioxa (6.324.000); Ceuta e Melilla (372.000).

Este importe destínase a axudas ao aluguer para arredentarios con menos recursos con especial atención á mocidade e ás persoas maiores de 65 anos; a axudas ás vítimas de violencia de xénero, a persoas sen fogar e a persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual e a axudas para o aluguer a arrendatarios con vulnerabilidade sobrevinda a consecuencia da pandemia do Covid-19.

Arquivo - Interior dunha vivenda de aluguer. Vista da cociña. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Interior dunha vivenda de aluguer. Vista da cociña. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta