Investigan unha moza de 22 anos que deu positivo en alcol tras sufrir un accidente en Vilagarcía

A condutora saíu ilesa do accidente.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 11/04/2021 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra investiga por un delito contra a seguridade viaria a unha nova, de 22 anos de idade, que deu positivo en alcoholemia tras sufrir un aparatoso accidente en Vilagarcía de Arousa.

Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, o sinistro ocorreu ao redor das 6,15 da mañá no quilómetro 5 da estrada VG-4.3, cando a condutora circulaba en sentido Vilanova. Nun primeiro momento, avisouse aos bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia por se houbese persoas atrapadas no interior do vehículo. Con todo, ao chegar ao lugar comprobaron que a moza, única ocupante do turismo, estaba liberada e saíra prácticamnete ilesa do accidente.

Ademais destes efectivos, o 112 avisou á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Cambados, ao 061-Urxencias Sanitarias e ao servizo de mantemento da vía. Finalmente, a condutora e única ocupante do coche, segundo confirma a Benemérita, arroxou un resultado positivo no control de alcoholemia, polo que está investigada por un delito contra a seguridade viaria.

Punto de control da Garda Civil de Tráfico. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Punto de control da Garda Civil de Tráfico. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta