A Policía Autonómica realizou oito denuncias esta fin de semana en controis anti-COVID

Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante este pasado fin de semana un total de 79 dispositivos de control das medidas anticovid, que se repartiron entre 25 concellos galegos e que se saldaron con 47 persoas identificadas e oito denuncias --a metade por non respectar o toque de queda e as outras catro restantes por non levar máscara--.

Os controis, tal e como indicou a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo nun comunicado, realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes contra a propagación do coronavirus.

Entre o 9 e o 11 de abril, os axentes levaron a cabo 28 dispositivos na provincia da Coruña, en concreto nos concellos de Ames, A Coruña, Pobra do Caramiñal, Santiago de Compostela e Teo, cun total de dúas denuncias e cinco identificacións.

Na provincia lucense, tramitouse unha denuncia e identificouse a unha persoa nos 12 dispositivos realizados nos municipios de Chantada, Lugo, O Saviñao e Vilalba. En Pontevedra, nos 16 dispositivos realizados na Illa de Arousa, Marín, Meaño, Mondariz, Poio, Ponteareas, Ribadumia e Vigo, rexistrouse unha denuncia e identificouse a 30 persoas.

Un total de 13 controis levou a cabo a Policía Autonómica na provincia de Ourense, repartidos entre os concellos de Allariz, Ourense, Pereiro de Aguiar, Trasmiras, Verea, Verín e Xinzo de Limia, nos que se tramitaron catro denuncias e 11 persoas foron identificadas.

Control policial en Santiago de Compostela / EP / Europa Press
Control policial en Santiago de Compostela / EP / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta