A oposición da Coruña apela ao acordo para un novo plan de reactivación económica, pero pide concreción

Por E.P. | A CORUÑA | 12/04/2021 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A oposición no Concello da Coruña apelou ao acordo para aprobar un novo plan de reactivación económica e social (Presco), aínda que reclamaron, entre outras cuestións, concreción nas partidas.

Tras a reunión da Comisión de Economía e Facenda, para abordar as propostas dos distintos grupos, o PP argumentou que o goberno local "segue sen concretar unha cantidade para o Presco a pesar de saber que é necesario para as propostas". "Aos 3,6 millóns do remanente municipal haberá que sumar baixas consensuadas do orzamento actual e 1,5 millóns do remanente do IMCE, que, a 24 de marzo, só executara 640.000 euros dun orzamento de 5,1 millóns", apunta.

Mentres, a Marea Atlántica ve "ridículos" os fondos ofertados para o novo Presco e pídelle á alcaldesa, Inés Rei, "empatía coas necesidades da veciñanza". "Estamos a 12 de abril e o goberno compareceu na comisión sobre o plan de axudas contra a pandemia sen un só papel, sen propostas e sen cifras claras", sostén o edil Iago Martínez, quen asegura que o seu grupo propuxo hai un mes "un plan de 25 millóns de euros para rescatar A Coruña e a única resposta do executivo é ofertar 3,6 millóns e recortes en Cultura".

Pola súa banda, o BNG celebra que se reinicen os traballos con vistas á elaboración do Presco, pero lamenta "o preocupante atraso na súa tramitación", sinala o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera.

Pleno A Coruña
Pleno A Coruña | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta