Os sindicatos acusan a Goberno central e Xunta de "desprezar" a Ferrolterra ante a falta de solucións industriais

Convocan concentracións e marchas para este mércores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

Representantes sindicais acusaron ao Goberno central e á Xunta de "desprezar" a Ferrolterra ante a falta de solucións para atallar a crise industrial que afronta a comarca e anunciaron unha xornada de mobilizacións para este mesmo mércores.

O secretario comarcal de CC.OO. en Ferrol, Santiago Díaz, contrapuxo o apoio trasladado desde as alcaldías dos concellos, colectivos empresariais, veciñais e sociais "coa falta de compromisos e consideración" por parte das administracións.

Así o sinalou este luns en rolda de prensa, na que estivo acompañado polos secretarios comarcais da CIG, Manel Grandal, e de UGT, José Antonio Díaz. Pola súa banda, Grandal recoñeceu que os representantes dos traballadores non esperaban "que se chegaría a tal calibre de desprezo cara Ferrolterra por parte dos dous gobernos", sobre todo tras a folga comarcal do pasado 10 de marzo, e denunciou a falta de resposta ás súas peticións de reunións.

"Os gobernos teñen a obrigación de darnos algunha contestación, e así llo faremos saber", José Antonio Dopico (UGT), en alusión aos encontros previstos para este mércores como parte dunha nova xornada de mobilizacións. "A Ferrol débeselle moito, onde a reconversión foi mal levada, porque todo o que se nos quitou, de momento non se nos devolveu", engadiu.

Ante este escenario os sindicatos decidiron facer unha nova xornada de protestas, prevista para o vindeiro mércores. "Non podemos nin queremos quedarnos quetos, xa que o que demandamos son solucións para estas comarcas, sendo vergoñoso como pasaron por aquí o 10 de marzo para logo desaparecer", engadiu Grandal en alusión ao representantes políticos.

Para iso deseñaron unha xornada reivindicativa, con reunións con diferentes colectivos (hostaleiros, empresarios, comerciantes, mariscadores, partidos políticos, asociacións de veciños e entidades culturais).

Secretarios comarcais de CIG, CC.OO e UXT en Ferrol
Secretarios comarcais de CIG, CC.OO e UXT en Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta