O acusado de abusar sexualmente dunha menor en Muros nega os feitos

O home, veciño da vítima, abusou presuntamente da menor no 2017, cando esta tiña 13 anos.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/04/2021 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O home acusado de abusar sexualmente dunha menor en Muros, no ano 2017, negou realizarlle tocamentos no xuízo que se celebrou na Audiencia coruñesa.

No seu escrito de cualificación, a fiscalía demanda 6 anos de prisión para o home, acusado de tocarlle as pernas, á altura das nádegas, a unha menor de 13 anos cando se atopaban na marquesiña da parada de autobús.

En declaracións realizadas aos medios, o avogado da defensa, Javier Tajes, confirmou a petición de absolución para o seu cliente ao considerar que os feitos non ocorreron. En caso de darse por válido o testemuño da vítima, considerou que, en todo caso, o delito "atenta contra a honra" e non contra "a liberdade sexual", ao ser un feito "fugaz e pouco intenso".

No xuízo, o acusado negou os feitos. Relatou que viu só dúas veces á vítima na marquesiña na que "sentaba a descansar". Dixo que non se "excedeu" coa menor, da que pensou "que tiña 17 ou 18 anos".

Pola súa banda, a vítima explicou que non desconfío en ningún momento do acusado xa que o consideraba un veciño de confianza co que falaba cada vez que esperaba ao autobús. A finais de curso, foi "cando empezou a excederse", segundo contou a nova.

Na súa declaración, dixo que o acusado "a convidou a unha caseta da praia" e propúxolle "facer o amor". Ademais confirmou que lle tocou as pernas á altura das nádegas. Despois do verán, mentres a nena esperaba ao seu irmán pequeno na parada, o home volveu abusar dela, segundo relatou. "Tocoume os seos, meteume a man por dentro da camiseta", afirmou a vítima.

A moza tardou tempo en contar o sucedido por "medo a que se decatase o acusado", segundo expuxo na súa declaración. Posteriormente, contoullo a uns amigos, que lle aconsellaron que llo dixese aos seus pais. Estes finalmente puxeron os feitos en coñecemento das autoridades.

Xulgados De Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados De Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta