Avalancha de peticións do bono turístico saturan a sede electrónica da Xunta

As numerosas peticións para facerse cun destes bonos provocan a caída da web.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/04/2021 | Actualizada ás 00:21

Comparte esta noticia

A sede electrónica da Xunta (http://www.sede.xunta.gal/) atópase á primeiras horas deste mércores caída. Segundo apuntan fontes do Goberno galego débese as numerosas entradas rexistradas polo bono turístico.

Casa Rural. CLUBRURAL - Arquivo
Casa Rural. CLUBRURAL - Arquivo

Este martes o DOG publicaba o bono turístico #QuedamosEnGalicia aberto todos os cidadáns maiores de idade empadroados nalgún concello galego, sempre que non fosen beneficiados na convocatoria de 2020. A Xunta asumirá o 60% do custo dos servizos consumidos e os particulares o 40%.

Hai tres tipos de bonos: un de 250 euros -150 euros abonados pola Xunta e 100 euros polos beneficiarios-; outro de 375 euros -225 euros abonados pola Xunta e 150 euros polos particulares-; e o terceiro de 500 euros -300 euros pola Xunta e 200 polos particulares-. Só se poderá solicitar un único bono por persoa, entre un dos tres tipos.

A data límite para o seu uso será o 15 de decembro de 2021, concedéndose exclusivamente por orde de entrada de cada solicitude.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta