Destinan medio millón ao sector do espectáculo afectados pola pandemia

O obxectivo das axudas da Xunta é compensar a perda de poder adquisitivo pola paralización da súa actividade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2021 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A Consellería de Emprego e Igualdade publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases da convocatoria de axudas a traballadores do sector do espectáculo afectados pola suspensión de actividades derivada da pandemia durante o ano pasado. O crédito inicial, ampliable, é de 500.000 euros.

En concreto, segundo recolle a orde, o obxectivo é "compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras do sector do espectáculo" con motivo da "paralización da súa actividade por mor das medidas adoptadas" para frear a covid-19.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que estivesen contratadas por conta allea por empresas de espectáculos e que acrediten ao longo do 2019 un mínimo de 50 días de actividade, que constitúan non menos do 75% de xornadas totais traballadas ese ano. Así mesmo, deberán acreditar que durante o período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020 non estivesen contratados por conta allea máis de sete días.

A contía da subvención consistirá nunha axuda de 500 euros mensuais, durante os meses nos que non se recoñeceu ningunha prestación pública dentro do período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020. Os períodos inferiores ao mes serán prorrateados proporcionalmente.

As axudas recibidas ao amparo desta orde serán incompatibles con outras axudas públicas que se percibiron para a mesma finalidade, así como coa percepción da prestación por desemprego, invalidez ou xubilación ou calquera outra de carácter público durante o período recolleito na orde.

Espectáculo musical 'Jekyll e Hyde'. DANIEL MARCOS PINA / @DANIMARCOSFOTO / DANIEL MARC
Espectáculo musical 'Jekyll e Hyde'. DANIEL MARCOS PINA / @DANIMARCOSFOTO / DANIEL MARC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta