Os usuarios de residencias para maiores poderán saír tres veces por semana e ter visitas de calquera persoa

Para as visitas será preciso que sexa un por un e que sexa concertada previamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2021 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

Os usuarios das residencias de maiores de Galicia poderán recibir visitas de calquera persoa, a condición de que concertase unha cita previa, e saír ao exterior tres veces por semana durante un período máis prolongado de tempo.

Así o acordaron os expertos do comité clínico, que na súa reunión desta semana avanzaron na apertura das residencias da terceira idade de Galicia, tendo en conta que o seu proceso de inmunización está practicamente concluído e levan 25 días sen novos contaxios entre os seus usuarios.

En concreto, se ata agora cada residente só podía recibir a visita de dúas persoas de referencia, a partir de agora poderá ser visitado por calquera, a condición de que sexa un por un e se concierte con antelación o día e o tempo da visita.

Paralelamente, ampliaranse as saídas dos residentes, que actualmente só podían deixar o centro dúas veces por semana durante dúas horas cada vez. Agora as saídas poderán ser ata tres por semana, cunha duración de cada unha de catro horas.

Unha residencia de maiores da provincia de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Unha residencia de maiores da provincia de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta