A Xunta asumirá a tutela da menor vendida por 4.000 euros e que foi localizada na Coruña

En canto á situación agora da menor, desde a Consellería de Política Social ratificaron que está a ser atendida polos servizos sociais e sanitarios antes de ser derivada a un centro de menores.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/04/2021 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

A Xunta asumirá a tutela da menor retida na Coruña, segundo confirmaron  desde a Consellería de Política Social tras un operativo policial no que se detivo a tres persoas.

Fontes consultadas indicaron que a menor foi vendida por 4.000 euros, presuntamente polos seus pais e que se estaba pendente do informe forense para confirmar se sufriu abusos.

En canto á situación agora da menor, desde a Consellería de Política Social ratificaron que está a ser atendida polos servizos sociais e sanitarios antes de ser derivada a un centro de menores.
Fixérono despois de que a Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional xa trasladase a información do caso da nena ao departamento de menores da Xunta.

Este, apuntaron, "tomará as medidas necesarias para salvagardar a protección da menor". Así mesmo, explicaron que a Xunta asumirá a súa tutela. A detención das tres persoas produciuse tras unha investigación iniciada en Córdoba, que segue aberta. Ademais, un xulgado desta cidade decretou o segredo das actuacións.

Arquivo - Foto de recurso dun coche patrulla de Policía Nacional.. - EUROPA PRESS
Arquivo - Foto de recurso dun coche patrulla de Policía Nacional.. - EUROPA PRESS | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta