Sindicatos apoian o adianto dos exames de recuperación ao mes de xuño

ANPE discrepa e pide un estudo previo antes de implantar a medida.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/04/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Os sindicatos abordaron este mércores coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade a proposta de calendario escolar para o próximo curso, que inclúe a intención da Xunta de adiantar de setembro a xuño os exames de recuperación de ESO, 1º de bacharelato e de FP Básica a partir do curso 2021-2022.

Aspirantes realizan exames
Aspirantes realizan exames | Fonte: Europa Press.

O borrador do texto prevé que estes exames se realicen entre o 17 e o 21 de xuño de 2022 e así evitar que os alumnos teñan que esperar todo o verán para poder optar á segunda convocatoria.

O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, trasladou o seu acordo coa medida, sobre todo ante a posibilidade de contar con dúas semanas de reforzo impartidas por parte do mesmo profesorado do curso e "sen o lapsus do verán".

En todo caso, instou a adoptar "medidas de reforzo" que acompañen a ese adianto e para evitar o "altísimo índice de repetición", que debe ter un carácter "extraordinario" e que parte de "un concepto desfasado" da educación.

Entre esas medidas citou programas de apoio ao alumnado, un reforzo docente para poder levar a acabo atención especial e un proceso de adelgazamento dos currículos escolares, para centrarse na adquisición de competencias máis que na sobrecarga de contidos.

CC.OO. Ensino tamén trasladou o seu apoio "rotundo" a este adianto, sobre todo ao constatar que non existe unha "diferenza substancial" entre a porcentaxe de aprobados entre unha data e a outra.

"Iso avalaba aínda máis o que viñamos pensando", trasladou Luz López, posto que lle ven "máis proles que contras" a unha medida que ofrecerá facilidades ao alumnado a nivel pedagóxico, como de organización dentro do propio centro e de conciliación ás familias.

A maiores, instou a considerar a repetición como "algo extraordinario" e a garantir que sexan os mesmos docentes que imparten durante o curso os que se encarguen do reforzo de atención ao alumnado para esta proba extraordinaria.

UN ESTUDO EN PROFUNDIDADE

Pola súa banda, ANPE Galicia trasladou o seu desacordo inicial coa medida ao carecer dun estudo previo que valore os proles e contras. O sindicato lembrou que outras comunidades autónomas que implementaron esta modificación botáronse atrás ao constatar que non daba resultados, mentres que noutras si está a funcionar.

"É necesario abrir un debate en profundidade sobre o tema baseado nun estudo detallado", trasladou o sindicado, que insta a analizar pormenorizadamente unha medida "de semellante calado" que afecta tanto o alumnado, como ás familias e a actividade dos centros.

Tamén advertiron da "descompensación" da duración dos trimestres (71, 63 e 45 días, respectivamente) e propón un calendario con 175 días, e non os 176 do texto presentado pola Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta