A disposición xudicial os detidos por "mercar" unha nena na Coruña

Os pais venderan á menor por 4.000 euros

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/04/2021 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Os detidos pola suposta retención dunha menor na Coruña, á que os seus pais, segundo fontes da investigación, venderon por 4.000 euros, foron trasladados aos xulgados para pasar ao longo da mañá deste xoves a disposición xudicial.

Así o informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que precisaron que o xulgado de garda que leva a causa é o de Instrución número 5.

As tres persoas foron detidas o mércores na zona da rúa da Torre, da Coruña, nun operativo que se levou a cabo por mor dunha investigación iniciada en Córdoba. Un xulgado desta cidade andaluza decretou o segredo do sumario.

A menor foi atendida por Urxencias Sanitarias 061 de Galicia e un informe forense determinará se sufriu abusos. A Xunta asumiu, ademais, a súa tutela unha vez que tivo coñecemento do caso.

Sede do Tribunal Superior de Xustiza. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede do Tribunal Superior de Xustiza. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta