Feijóo partidario de subministrar a segunda dose aos maiores de 70 anos

Sobre Janssen e a Sputnik destaca que "todas as vacinas" deben de ser aprobadas pola Axencia Europea do Medicamento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/04/2021 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse partidario de subministrar a segunda dose da vacina aos maiores de 70 anos tras as diferencias xurdidas a nivel europeo sobre a necesidade ou non de inxectar unha segunda vacina aos que xa a recibiron.

Un viario coa vacina de AstraZeneca, nun dispositivo de vacinación masiva fronte ao Covid-19
Un viario coa vacina de AstraZeneca, nun dispositivo de vacinación masiva fronte ao Covid-19 | Fonte: Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press.

"O noso criterio é que aos maiores de 70 anos teñen que recibir a segunda dose no prazo que marca a propia vacina. Nos menores de 70 anos, seguiremos estudando", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. 

Con respecto ás vacinas Jansen, insistiu no dictame da Axencia Europea do Medicamento (AEM) para a súa distribución. En todo caso, pediu "rigor" á hora de aprobar as vacinas para que non aconteza o que está a pasar coa de Astrazeneca. En todo caso, lembrou que esta farmacéutica comprometeuse a ter no segundo cuatrimestre do ano en Europa todo o número de vacinas que tiña comprometidas coa UE. "Se isto así chegaríamos ao verán cun índice alto de vacinación", apuntou o presidente galego.

SPUTNIK

En relación coa vacina Sputnik, Feijóo tamén foi tallante e suliñou que, para ser distribuída, antes ten que ser aprobada pola AEM. "Ningunha farmacéutica podería vender vacinas se antes non son aprobadas polas autoridades sanitarias europeas e, para iso, teñen que pasar os controis pertinentes. Se non os queren pasar non deberían ser autorizadas", indicou

Ademais recoñeceu que o ritmo de vacinación en Europa non é o que se agardaba e comparou a situación con outros países como Reino Unido, "que vai máis avanzado", EE.UU. que "está facendo as cousas ben" ou mesmo Marrocos "que ten un ritmo moi razoable". "A UE quizais tivo un erro de planificación", recoñeceu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta