Intervidas dúas lanchas preparadas para o narcotráfico en Ribeira

Unha das embarcacións tiña instalados dous potentes motores e á outra se lle podían axustar ata catro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/04/2021 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira incautáronse nunha nave desta localidade coruñesa de dúas lanchas preparadas para o seu uso en operacións de narcotráfico.

Lancha preparada para o narcotráfico intervida pola Policía Nacional en Ribeira
Lancha preparada para o narcotráfico intervida pola Policía Nacional en Ribeira | Fonte: Policía Nacional.

Segundo informou a Policía Nacional, unha das lanchas tiña instalados "dous potentes motores", e á outra, de 15 metros de eslora, podíanselle axustar ata catro motores, abundaron as mesmas fontes.

A nave na que se acharon as embarcacións dispuña de servizo de vixilancia e atopábase situada "estratexicamente", destacan as fontes, e dispuña mesmo "dunha rampla con acceso directo á Ría de Arousa", engaden.

Así mesmo, puntualizou a Policía Nacional, no marco deste operativo por delitos contra a saúde pública foi intervida unha carreta elevadora para o manexo das embarcacións.

A Policía continúa coas xestións de investigación e non descarta detencións en relación con estas embarcacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta