O Monte Pereira da Merca xa está no rexistro de masas frondosas autóctonas

Conta con 22 hectáreas de carballos, bidueiros ou salgueiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de parte do Monte Pereira, situado no concello ourensán da Merca.

Segundo informou a Xunta, este monte conta cunha superficie de 229 hectáreas, das que se inscribirán no Rexistro 22,42 hectáreas ocupadas por carballos  (Quercus pyrenaica), bidueiros (Betula celtibérica) e salgueiros, como especies principais, acompañadas de carballos americano (Quercus rubra) e sobreiras (Q suber).

Así, a partir deste sábado, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense os documentos correspondentes a este expediente de inscrición, podendo presentar as alegacións que estimen oportunas nun prazo de dous meses.

A Consellería do Medio Rural está a tramitar actualmente un total de 31 expedientes de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, que supoñen en conxunto unhas 1.900 hectáreas de terreo. Destes expedientes, seis corresponden á provincia da Coruña, oito á de Lugo, dez á de Ourense e sete á de Pontevedra.

Ademais, na actualidade xa existen 18 masas inscritas no rexistro: dous na provincia da Coruña, oito en Lugo, tres en Ourense e cinco en Pontevedra, cunha superficie total de máis de 1.550 hectáreas.

Carballeira galega
Carballeira galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta