O Festival Internacional de Cinema de Ourense abre o prazo de inscrición para a sección oficial de 2021

Por E.P. | OURENSE | 16/04/2021 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

O Festival Internacional de Cinema de Ourense (OOUF) abriu o prazo para a inscrición de longametraxes na sección oficial da edición de 2021, o número 26, que se celebrará entre o 24 de setembro e o 2 de outubro deste ano.

Ata o 15 de xullo, poderán inscribirse longametraxes de ficción, animación ou documentais, producidos nos anos 2019, segundo indicou a organización nun comunicado, "de forma excepcional debido á covid-19", 2020 e 2021, que non se exhibiron comercialmente en España e que teñan unha duración superior aos 60 minutos.

Os responsables do festival publicaron este venres o regulamento completo que rexerá a edición deste ano e que se pode consultar aquí. Para anotarse, os interesados poden facelo a través da propia páxina web de festival ou mediante as webs clickforfestivals.com e festhome.com.

A competición oficial de longametraxes do OUFF 2021 concederá un total de nove galardóns: cinco serán outorgados polo xurado da Sección Oficial, onde se inclúe "o premio máis destacado do festival", a Calpurnia á Mellor Película, dotado con 12.000 euros.

Ademais, outorgaranse o premio Carlos Velo á Mellor Dirección --con 4.000 euros--, o Premio Especial do Xurado --con 2.000 euros--, e os premios a Mellor Guión e Mellor Interpretación, dotados con 2.000 euros respectivamente.

Rolda de prensa de balance sobre o OUFF.
Rolda de prensa de balance sobre o OUFF.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta