O Ministerio de Transportes recibiu as obras de restauración de 18 castros galaico-romanos en Pontevedra

Segundo informou o ministerio nun comunicado, en virtude do protocolo xeral subscrito coa Deputación de Pontevedra, foi esta a encargada dos traballos de escavación e limpeza dos castros.

Por E.P. | Pontevedra | 16/04/2021 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) realizou este venres a recepción das obras da Fase I de restauración e musealización de 18 castros galaico-romanos repartidos en 17 concellos de Pontevedra.

As obras, dentro do proxecto 'Trazas de Pontevedra' e no marco do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico no que o Ministerio inviste máis de 23 millóns de euros, serán financiadas integramente polo Mitma, cun custo próximo aos 520.000 euros.

Segundo informou o ministerio nun comunicado, en virtude do protocolo xeral subscrito coa Deputación de Pontevedra, foi esta a encargada dos traballos de escavación e limpeza dos castros.

O Mitma, pola súa banda, encargouse da redacción e execución por fases dos proxectos de musealización e sinalización dos xacementos, para o que convocou un concurso de proxectos con intervención de xurado.

O departamento do Goberno central indicou que o obxectivo central do proxecto foi "a posta en valor dos xacementos arqueolóxicos, ampliando a oferta cultural e de espazos públicos patrimoniais que sexan capaces de activar a vida cultural dos municipios para paralizar o seu despoboamento".

"O proxecto busca proporcionar novos elementos de identificación que conecten á cidadanía co seu pasado e expliquen a transformación histórica do noso territorio, desde as épocas máis remotas da Prehistoria ata a actualidade", explicou o ministerio.

A Fase I inclúe os castros de Toiriz, Alobre e A Subidá nos que, como recalcou o Mitma, os traballos leváronse a cabo cunha intervención "delicada e respectuosa" tanto coa memoria histótica como coas paisaxes naturais.

Castro na provincia de Pontevedra. MINISTERIO DE TRANSPORTES
Castro na provincia de Pontevedra. MINISTERIO DE TRANSPORTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta